Moi boas a tod@s! Hoxe vouvos contar dunha forma resumida como foi a nosa viaxe a Bilbao e a Atapuerca, espero que vos guste.
Día 1 – 8 de abril de 2019
O primeiro día, Álvaro, quen sería o noso conductor durante toda a viaxe, recolleunos ás 9:00 para emprender a nosa viaxe cara Bilbao. Pasadas as dúas horas de viaxe, fixemos a nosa primeira parada na Gudiña (Ourense), onde aproveitamos para ir ao servizo e, algún de nós, para tomar algo. Despois desta primeira parada, retomamos o camiño cara a nosa seguinte parada, Frómista.
Ao chegar a Frómista, fomos xantar a un merendeiro que estaba a poucos metros da Canle de Castela, á que, despois de recuperar forzas, fomos visitar. Alí puidemos ver como funcionaba a Canle. Ao rematar, dirixímonos cara a Igrexa de Santa María del Castillo, onde nos fixeron unha visita guiada cunha exposición audiovisual. Despois da visita á Igrexa de Santa María del Castillo, visitamos a igrexa románica de San Martiño de Frómista, onde o guía nos explicou o significado dalgún dos capiteis das columnas da igrexa. Un deles tiña tres versións diferentes, e outro estaba relacionado co mito da deusa Cibeles.
Despois deste paso por Frómista, collimos a vía para chegar, por fin, a Bilbao, onde nos asentamos no Ganbara Hostel. Despois de deixar as nosas maletas en cadansúa habitación, fomos visitar o centro da cidade, onde ceamos. Despois, ao acabar de cear, voltamos ao hotel onde, despois de estar un tempo falando entre nós, durmimos.
Día 2 – 9 de abril de 2019
O segundo día, despois de almorzar no hotel, fomos visitar o Museo Guggenheim de Bilbao facendo un paseo pola ría, onde cruzamos a Ponte de Calatrava. Xa no museo, fixemosunha vista con audioguía na que cada un de nós podía visitar calquera das impresionantes obras do museo. Ao acabar a visita, fomos xantar a un centro comercial que se atopaba preto do museo.
Despois de comer, reunímonos todos no Puppy, para ir visitar a Alhóndiga, un antigo almacén de viño restaurado para o uso da cidadanía. Alí tomei a seguinte foto coa columna coa que máis identificado me sentín, xa que, aínda que sexa unha simple columna de ladrillo, ese retorcimento que amosa, fai ver que non todo, por moi simple e sinxelo que pareza, non é realmente así, é dicir, que aínda que eu sexa unha persoa, a primeira vista, normal e simple, ata que non se me coñece ben, no se sabe o tipo de persoa que realmente son. En resumo, que non todo é o que parece.
Logo de visitar a este edificio tan innovador fomos visitar, a Portugalete, a Ponte de Bizkaia, que conecta dita cidade con Getxo. Alí pasamos un dos momentos máis anecdóticos de toda a excursión, xa que, ao facer mal tempo, algúns dos nosos compañeiros quedaron atrapados no elevador da ponte e outros, na propia pasarela que conectaba ambos lados da ponte, debido a que xusto no momento no que estaban subindo, un raio caeu na caixa eléctrica que permitía o funcionamento da ponte, provocando un cortocircuito e así que quedasen suspendidos durante case dúas horas.
Despois da horrible experiencia vivida, voltamos ao hotel, onde, os que non quedaramos atrapados, lles preparamos a cea aos nosos compañeiros, que mercaramos mentres eles estaban tentando baixar da ponte. Despois de cear, fomos durmir.
Día 3 – 10 de abril de 2019
O terceiro día, despois de almorzar, Álvaro levounos ao Geoparkea, onde nos dividimos en dous grupos. Alí, primeiro fixemos a Ruta do Flysch, na que a nosa guía, Naiara, nos explicou sobre a biodiversidade da ría de Bilbao e o porqué aquela zona era de tanto interese, sendo a razón que naquel lugar existían moitas mostras arqueolóxicas que permitían estudar o pasado do noso planeta. Despois da ruta en barco, fixemos unha visita na que estivemos no miradoiro da igrexa na que se filmou a película Ocho apellidos vascos e na praia que corresponde ao lugar ficiticio de Rocadragón na famosa serie Game of Thrones (Juego de Tronos), San Juan de Gaztelugatxe.
Ao rematar esta visita, o autobús recolleunos para levarnos ata a cidade de Gernika, onde xantamos e visitamos a Árbore de Guernica. Despois de xantar, fomos ata o Museo da Minaría do País Vasco onde puidemos ver unha mina a ceo aberto e onde recibimos unha visita guiada onde nos explicaron que minerais se obtiñan, cal era o traballo das mulleres nas minas e, incluso, as tarifas que se pagaban a cada traballador.
Despois de visitar este museo, voltamos a Bilbao, onde, aos que quixemos, Álvaro nos achegou ao estadio do Athletic Club de Bilbao, San Mamés. Alí vimos o museo do clube e tiramos algunhas fotos coma esta.
Despois de visitar o estadio, fomos cear facendo unha “ruta de pintxos” por diferentes bares, na que todos estaban boísimos. Ao acabar de cear voltamos ao hotel par adurmir e ao día seguinte poñer rumbo a Burgos.
Día 4 – 11 de abril de 2019
O cuarto día, despois de almorzar saímos cara Burgos onde visitamos a súa catedral e a Cartuja de Miraflores co noso guía Nicolás. Despois destas dúas visitas fomos xantar a un centro comercial que quedaba de camiño ao xacemento arqueolóxico de Atapuerca, onde o guía nos ensinou como vivían os nosos antepasados na prehistoria: como facían lume, como cazaban...
Ao acabar a visita en Atapuerca voltamos a Burgos onde nos alonxamos no hostal Acanto, moito máis cómodo ca o de Bilbao. Máis tarde, para cear, algúns de nós fomos ao centro da cidade, onde tamén aproveitamos para mercar algún souvenir. Cando xa iamos coller o autobús para volver ao hotel, para a nosa sorpresa, atopámonos cun stand do Partido Popular no que o seu candidato á presidencia de España, Pablo Casado, ía dar un mitin. Xa no hotel, despois de estar un tempo falando entre nós, fomos durmir. Esa noite foi a última antes de voltar a Vigo.
Día 5 – 12 de abril de 2019
O quinto e último día da nosa viaxe, despois de almorzar no hotel, fomos visitar o Museo de la Evolución Humana, onde nos ampliaron a explicación do xa visto no xacemento de Atapuerca. Alí puidemos ver tamén diferentes esculturas a tamaño real do que foron os diferentes exemplares de homínidos e as ferramentas, atopadas nos xacementos, que se conservan. Tamén aproveitamos para mercar algúns souvenires na tenda do museo.
Despois da visita ao museo, comezamos o noso camiño para Vigo. Para xantar, paramos nunha estación de servizo en Palencia e logo fomos visitar a vila romana La Olmeda, onde a guía nos explicou a estrutura da vila e cal era a función de cada un dos elementos e das habitacións desta.
Xa finalizada esta última visita, puxemos rumbo a Vigo facendo unha nova parada, de novo, na Gudiña. A iso das 22:30 da noite chegamos ao instituto onde nos despedimos e nos recolleron os nosos amigos e familias.
Facendo unha valoración xeral de toda a viaxe, teño que dicir que me gustou moito e que o pasei moi ben, ademais de aprender moito debido ás visitas que fixemos que foron moi interesantes e grazas a elas agora podo comprender mellor a nosa Historia. A única cousa que podería mellorar sería o primeiro dos hoteis, aínda que non estivo de todo mal. Foi unha grande experiencia e gustoume vivila cos meus compañeiros, sen dúbida repetiría.
E ata aquí o resumo da nosa viaxe, espero que vos gustase e que vos atrevades a facela vós tamén. Un saúdo e ata a próxima!

Comentarios
Publicar un comentario